Título node Learning object

Exposición "Se acabó el divagar. 80 anos da publicación de La familia de Pascual Duarte"
Ven, 28/10/2022 - 12:27
Exposición

O pasado 19 de outubro inaugurouse na sede da Fundación Camilo José Cela a exposición "Se acabó el divagar. 80 anos da publicación de La familia de Pascual Duarte", que fai un percorrido pola xénese da primeira novela de Camilo José Cela.

Publicada en decembro de 1942, La familia de Pascual Duarte supuxo unha apertura no estancado panorama literario da España da posguerra. A exposición, que se pode visitar en Iria Flavia, recolle desde o manuscrito da novela ata as cartas da censura (que secuestrou a segunda edición), pasando pola edición en galego feita por Vicente Risco e prologada por Ramón Otero Pedrayo. Así mesmo, móstrase o escritorio no que Cela redactou a obra dende a súa oficina no Sindicato Nacional Textil onde traballaba.

Completan a mostra outros manuscritos, fotografías e obras pictóricas de autores da talla de Antonio Mingote ou Rafael Zabaleta. Sen esquecer a película "Pascual Duarte" do director Ricardo Franco, coa que o seu protagonista, o actor e académico José Luis Gómez, recibiu o premio á interpretación masculina no Festival de Cannes de 1976.

A exposición poderá visitarse ata o 31 de xaneiro de 2023, en horario de luns a venres, de 10.00 a 14.00 h.