Resolución provisional de centros admitidos en Plan Proxecta+ para o curso 2022/23
Ven, 21/10/2022 - 14:53
Achégase a resolución provisional pola que se fai pública a relación de centros con programas seleccionados, conforme o disposto no apartado 10 da Resolución do 20 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se regula o Plan Proxecta+ e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso 2022/23.
Os centros disporán de 5 días hábiles a partir da publicación da presente resolución no portal educativo para efectura reclamacións ou renuncias á presente listaxe.