L2201028 – Inglés oral B2

60 horas de duración do 4 de outubro ao 26 de xaneiro
A actividade celebrarase na EOI Lugo
Lun, 26/09/2022 - 17:45
b2

No CFR Lugo somos conscientes da importancia dos idiomas para a mellora competencial docente. Por iso, ofertamos un curso de 60 horas de duración, L2201028 – Inglés oral B2, que terá lugar na Aula 2 da Escola Oficial de Idiomas de Lugo (EOI Lugo). Dita actividade comezará o próximo 4 de outubro e prolongarase ata o 26 de xaneiro do próximo 2023. Os días elixidos son martes e xoves, en horario de 18:00 horas a 20:00 horas.

Obxectivos

1. Interactuar espontaneamente en conversas sobre temas de interese persoal ou relacionados coa súa especialidade.

2. Dar opinión e argumentar, aínda que con algunhas limitacións e dificultades, en conversas e debates sobre temas coñecidos.

3. Sintetizar e transmitir oralmente a terceiras persoas o sentido xeral, a información esencial, os puntos principais, os detalles máis relevantes, as opinións e actitudes, recompilados de diversos textos orais ou escritos procedentes de distintas fontes.

Contidos

1. Temas de actualidade como: saúde e alimentación, ciencia e tecnoloxía, redes sociais, compras e actividades comerciais.

2. Cultura e actividades artísticas, economía, política e sociedade, identidade persoal, información e medios de comunicación.

3. Lecer e tempo libre, relacións persoais e sociais, traballo, educación, vivenda, viaxes e estadías no estranxeiro...

Menús CAFI node R

 

Sección