Título node Learning object

Inscrición Seminario Bachibac- Historia de España e Francia. Curso 2022-2023
Ven, 23/09/2022 - 14:07
Bachibac

Para o presente curso 2022-2023, o Ministerio de Educación e Formación Profesional está a organizar un seminario en liña para o intercambio de boas prácticas e elaboración de materiais didácticos para a materia de Historia de España e Francia do currículo mixto do programa de dobre titulación Bachibac.

Este seminario será certificado polo INTEF, terá unha duración de 20h, e desenvolverase en liña e en horario de tarde os días 18/10, 8/11, 22/11, de 2022 e os días 10/01, 31/01, 21/02, 07/03, 18/04 de 2023.

Anéxase tamén a ficha de inscrición que rogamos sexa enviada a sgoa.lenguasextranjeras@educacion.gob.es , debidamente cuberta e asinada, antes do día 5 de outubro de 2022.

Información dispoñible na sección de Novidades  eb Bachibac: https://www.educacionyfp.gob.es/mc/bachibac/presentacion.html

Destinatarios: profesorado que imparte - ou está interesado ou interesada en impartir- Historia de España e Francia no programa Bachibac.