Título node Learning object

Bolsas de formación para profesorado de alemán
Ven, 08/04/2022 - 13:01
Becas de formación para profesorado de alemán

O Servizo de Intercambio Pedagóxico (PAD) a través da embaixada da República Federal de Alemaña en Madrid, convoca as bolsas de formación para profesorado de alemán como lingua estranxeira en institutos de educación secundaria durante o ano 2022.

O Servizo de Intercambio Pedagóxico (PAD) da Conferencia Permanente de Ministros de Educación e Cultura (KMK) é a institución estatal alemá que no ámbito escolar, por encargo dos Länder (Estados federeados), organiza o intercambio de profesorado en centros de ensino.

Cada ano, o PAD outorga bolsas de curta duración a profesorado que imparte clases de alemán en institutos educativos de toda España.