L2101015 Metodoloxías innovadoras e inclusivas para unha aprendizaxe competencial

20 horas de formación para coñecer diferentes metodoloxías innovadoras e inclusivas
Inscrición aberta ata o 31 de marzo
Xov, 24/03/2022 - 12:29
metodologías

No terceiro trimestre terá lugar uno dos cursos máis solicitados: L2101015 Metodoloxías innovadoras e inclusivas para unha aprendizaxe competencial. 20 horas de formación para coñecer diferentes metodoloxías innovadoras, e por suposto, inclusivas, e a maneira na que son levadas a cabo en centros públicos de diferentes contextos.

O prazo de inscrición atópase aberto ata o 31 de marzo.

 

OBXECTIVOS

  1. Identificar estratexias de xestión de aprendizaxe na aula e instrumentos de avaliación das metodoloxías activas.

  2. Fomentar a inclusión do alumnado a través do uso de metodoloxías activas.

  3. Deseñar e implementar unha proposta didáctica innovadora con metodoloxías activas para fomentar o desenvolvemento competencial e a inclusión.

 

CONTIDOS

  1. Reflexión sobre a necesidade de innovar metodoloxicamente na práctica docente, tendo en conta as achegas da neurociencia.

  2. Formación do profesorado nas metodoloxías activas para fomentar a innovación e a inclusión na práctica docente, a través do traballo colaborativo, da docencia compartida e da figura do alumno-titor.

  3. Planificación, deseño e implementación dunha proposta didáctica innovadora e inclusiva, na que estean presentes o traballo colaborativo, a docencia compartida e a figura do alumno-titor.

  4. Instrumentos e procedementos de avaliación aplicados ás metodoloxías activas.

  5. Posta en común, feedback e avaliación da proposta didáctica.

Menús CAFI node R

 

Sección