L2103001 - Biblioteca escolar. Centro creativo de aprendizaxes.

8 horas de formación sobre bibliotecas creativas a través da creación de recursos inclusivos variados
As xornadas celebraranse en sábado e a inscrición atópase aberta ata o 31 de marzo
Lun, 21/03/2022 - 10:15
biblioteca creativa

No terceiro trimestre terán lugar as xornadas sobre biblioteca creativa. A sesión realizarase durante un sábado, para facilitar a asistencia de todos os interesados. 8 horas de formación para aprender a enfocar unha verdadeira biblioteca creativa a través da creación de recursos inclusivos variados.  O prazo de inscrición atópase aberto ata o 31 de marzo.

Obxectivos

  1. Avanzar no modelo de biblioteca escolar do s.XXI, deseñado como laboratorio creativo de aprendizaxes aberto a toda a comunidade escolar promovendo multialfabetismos, creatividade, expresión, comunicación e colaboración.

  2. Deseñar recursos que contemplen os multialfabetismos e sexan inclusivos no contexto dun proxecto documental integrado ou outros proxectos colaborativos dirixidos a toda a comunidade educativa.

  3. Procurar estratexias para a integración plena dos recursos de biblioteca escolar nos procesos de ensino e aprendizaxe.

Contidos

  1. Espazo creativo na biblioteca escolar. A biblioteca escolar como espazo creativo aberto ao deseño, creación, experimentación e aprendizaxe colaborativa.

  2. Coordinación de proxectos colaborativos destinados a reforzar os multialfabetismos e as competencias crave do alumnado, así como a participación activa da comunidade escolar. Experiencias de calidade.

  3. Outros obxectivos, recursos e actividades a ter en conta na biblioteca creativa: radio e creación de produtos audiovisuais, xogos manipulativos, creatividade, investigación e exploración.

Menús CAFI node R

 

Sección