Título node Learning object
O mércores 16 de marzo volve unha nova edición, a terceira, do NOOC "Menores e seguridade na rede".
Trátase dunha iniciativa que nace da colaboración entre o Ministerio de Educación e Formación Profesional, a través do Instituto Nacional de Tecnoloxías e de Formación do Profesorado (INTEF), a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) e o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE)
A finalidade do curso é presentar pautas, ferramentas e estratexias que axuden a evitar os riscos dun uso pouco seguro ou inadecuado da rede, así como a orientar aos e ás menores en contornas dixitais e garantir a protección da súa intimidade e benestar persoais.
O NOOC está dirixido á comunidade educativa, especialmente ás familias, docentes, titores e titoras ou equipos directivos, responsables do labor de acompañar aos e ás menores na progresiva adquisición de competencias dixitais que lles permitan usar as contornas dixitais e navegar por eles de forma segura.
Máis información