Título node Learning object

Concurso Escolar de Cancións en Lingua de Signos "Cantamos coas Mans"
Ven, 25/02/2022 - 13:46
Faxpg

A  Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), celebra a V edición do Concurso Escolar de Cancións en Lingua de Signos Española “Cantamos coas Mans”.

Poderán participar neste concurso todos os centros educativos de Galicia co obxectivo de visibilizar a Lingua de Signos Española na comunidade escolar.

Para participar haberá que gravar un vídeo interpretando unha canción en  LSE, e envialo.

 

Poderá aparecer o alumnado, o profesorado e outras persoas membros da comunidade educativa.

O prazo para o envío de propostas termina o 7 de abril de 2022. 

Para máis información:

formacion@faxpg.es

Faxpg