Título node Learning object

Donas no espello da LIXG
Ven, 18/02/2022 - 09:44
DONAS NO ESPELLO

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX), sección da OEPLI (Organización Española del Libro Infantil) e representación do ámbito lingüístico galego no IBBY, acaba de publicar, co patrocinio da Deputación da Coruña, a Guía Donas no espello da LIXG.

Unha selección de libros de calidade nos que a rapazada poida mirarse, recoñecerse e atopar un estímulo para avanzar na consecución dos obxectivos da igualdade.

Pode recollerse en papel na sede ou descargarse na seguinte ligazón:

Donas no espello da LIXG