Título node Learning object
A Xunta de Galicia a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia adscrito á Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten previsto poñer en marcha unha campaña dirixida ao alumnado de 4º da ESO e Formación Profesional Básica. A campaña ten como obxectivos:
- Formar consumidoras e consumidores responsables, informados, conscientes, críticos e solidarios.
- Ofrecerlle ao alumnado un primeiro achegamento aos conceptos básicos e hábitos de consumo responsable en relación coa tarifa e factura eléctrica, así como unha aproximación inicial aos seus dereitos como persoas consumidoras.
- Entender a factura da luz e os conceptos que a compoñen, para aprender a ler e interpretar esta nos seus fogares.
Para poder levar a efecto a dita campaña, convídase a todos os centros sostidos con fondos públicos que actualmente imparten 4º da ESO e Formación Profesional Básica a participar e colaborar no desenvolvemento da mesma.
De estar interesados en participar, podedes consultar as bases e o anexo que se adxuntan.
Para calquera dúbida, contactar a través do correo electrónico igc.escuela@xunta.es e/ou do teléfono 881999091.