Resolución provisional dos centros docentes admitidos para a constitución da Rede Galega de Educación Dixital, para o curso 2021-2022

Ven, 29/10/2021 - 14:03

Achégase a Resolución provisional dos centros docentes admitidos para a constitución da Rede Galega de Educación Dixital, para o curso 2021-2022.

Ábrese un prazo de 3 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación neste portal, para realizar reclamacións ou renuncias ante a presidencia da comisión.

O procedemento para realizar reclamacións ou renuncias dirixirase á Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional e presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) a través do formulario correspondente ao procedemento de presentación electrónico normalizado (código PR004A), xunto coa documentación xustificativa. Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).