Título node Learning object

Toda a Educación en Galicia, agora, nas redes
Ven, 15/10/2021 - 13:37
Redes

Co obxectivo de dar un paso adiante na comunicación entre todos os que formamos parte da comunidade educativa de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon en marcha unha nova canle de educación en Facebook, Twitter e Instagram.

Estas redes, que nacen con vocación de servizo público e de información, servirán tamén para facernos eco dos vosos proxectos, éxitos e iniciativas. Por iso, se crees que ti, o teu centro, algún docente ou estudante ten algo interesante que compartir co resto da comunidade educativa, non o dubides e ponte en contacto con nós e así poderemos valoralo xuntos. Estamos a túa disposición no correo electrónico redes.educacion@xunta.gal.

Animámosvos desde xa a visitarnos, seguirnos e, por suposto, camiñar con nós para facer deste espazo un novo lugar de encontro e unha canle desde a que darlle voz aos vosos traballos e actividades.

Grazas pola vosa implicación. Vémonos nas redes!

Menús Learning object node R