O2101010 Creación de aplicacións para dispositivos móbiles en proxectos didácticos

Este curso abordará o desenvolvemento de aplicacións para dispositivos móbiles mediante APP Inventor empregando a programación por bloques.
Mér, 13/10/2021 - 23:31
Curso O2101010
Curso O2101010

Código do curso: O2101010

Título: Creación de aplicacións para dispositivos móbiles en proxectos didácticos

Modalidade: presencial no CFR de Ourense

Data límite de inscrición: 29 de outubro de 2021

Horas presenciais: 15

Horas non presenciais: 5

Horas totais: 20

Prazas: 20

Temporalización e horario:  10, 16, 17, 23 e 24 de novembro en horario de 16:30 a 19:30 no CFR de Ourense.

Destinatarios:  profesorado de bacharelato, ciclos formativos, educación secundaria obrigatoria, educación secundaria obrigatoria de adultos.

Observacións:  este curso abordará o desenvolvemento de aplicacións para dispositivos móbiles mediante APP Inventor empregando a programación por bloques.

Obxectivos: 

  1. Reflexionar sobre as posibilidades que ofrece o desenvolvemento de aplicacións para dispositivos móbiles na aula e no traballo por proxectos.
  2. Deseñar unha proposta concreta de proxecto para poñer en práctica na aula onde se cree unha aplicación para dispositivo móbil.
  3. Coñecer boas prácticas educativas nas que se deseñan aplicacións para dispositivos móbiles.

Contidos:

  1. Plataforma de desenvolvemento e linguaxe de programación por bloques.
  2. Elaboración de proxectos simples de creación de aplicacións para dispositivos móbiles.
  3. Boas prácticas educativas no desenvolvemento de aplicacións para dispositivos móbiles.

Relator: Víctor Manuel Alonso Rodríguez

Asesor responsable da actividade: Iván Gómez Conde (cfr.ourense.tic1@edu.xuntal.gal)

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI