Título node Learning object

Premio Concepción Arenal 2021 para proxectos coeducativos
Ven, 08/10/2021 - 14:10
cartel

A Deputación da Coruña convoca a 8ª edición do Premio Concepción Arenal 2021: proxectos educativos pola igualdade de xénero. Este premio ten por obxecto favorecer o deseño e a execución de proxectos coeducativos que procuren o desenvolvemento de habilidades para a identificación e o rexeitamento de estereotipos sexistas que contribúen a xerar e manter a violencia de xénero, así como a construción de esquemas alternativos que axuden a comprender e respectar a igualdade de oportunidades reais entre sexos, así como a igualdade de trato e a non discriminación por razón de orientación sexual e identidades de xénero.

O premio concederase ao mellor programa educativo en cada unha das tres modalidades que xa se implantase, que se pretenda continuar ou ben que estea pendente da súa execución.

Premiarase o programa de actividades de centro no que se traballe a prol da consecución da igualdade entre homes e mulleres, a igualdade de trato e non discriminación por razón de orientación sexual e identidade de xénero, así como a sensibilización, prevención de comportamentos de risco e intervención en materia de violencia de xénero incorporando de forma transversal a educación en valores como a solidariedade, tolerancia, respecto, xustiza, igualdade, diversidade etc, a promoción da empatía e autoexpresión emocional e o fomento da participación da familia, da escola e da comunidade.

Centros destinatarios: centros educativos públicos da provincia da Coruña que impartan educación infantil, primaria, educación especial ou educación secundaria
Os proxectos presentados deben ser orixinais, polo que non poden participar aqueles proxectos xa premiados en calquera convocatoria de similar natureza. Cada centro educativo só poderá participar cun único proxecto. Non poderán participar os centros educativos premiados, en convocatorias anteriores, na mesma modalidade na que se presentaron.

Modalidades de participación:
A.- Proxectos educativos en educación infantil
B.- Proxectos educativos en educación primaria
C.- Proxectos educativos en educación secundaria

Premio: establécense tres premios, un por cada modalidade, dotados cada un deles con 5.000 .

Máis información: https://www.dacoruna.gal/servizos-sociais/area-igualdade/premios-e-concursos/concepcion-arenal-proxectos-educativos-igualdade-xenero

Bases: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/09/30/2021_0000007062.pdf e https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/09/21/2021_0000006930.pdf Pódense consultar as bases completas  no BOP nº 180 do 21 de setembro de 2021.

Solicitude: as convocatorias tramitarase de xeito telemático, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTEL) e será o centro o encargado de presentar a candidatura.

Prazo de presentación: xoves 28 de outubro de 2021 (ata as 14.00 h)