Película colaborativa para a campaña ‘Bye Bye Plástico’

Ven, 01/10/2021 - 10:40
Bye Bye Plástico
Bye Bye Plástico

ATENCIÓN A TODOS E TODAS! PLÁSTICO PRECISA DA VOSA AXUDA!

En Galicia gústannos os retos. O reto de reducir os plásticos nas nosas vidas. E o reto de facer, entre todas e todos, a PRIMEIRA PELÍCULA EN STOP MOTION COLABORATIVA ESCOLAR DE GALICIA!

Si, xa sei que é un nome un pouco longo, pero, deixádeme que vos explique:

  • Queremos sumar cantos máis coles mellor a un proxecto por unha boa causa.
  • Que cada cole cre unha pequena secuencia en stop motion na que Plástico (ese son eu) visite a vosa contorna.
  • E contar as cousas fermosas que temos arredor do noso cole, cousas que temos que protexer e coidar.
  • Cada escola poderá escoller a técnica de stop motion que mellor considere: con bonecos; con arxivia ou plastilina; con recortes de papel; en dúas ou tres dimensións; na contorna real ou nun escenario, etc.
  • Logo, xuntaremos todas esas pezas, e algunha que fará o noso equipo de audiovisuais, para crear, xuntos, unha gran película. Unha que xunte todos os lugares de Galicia. A todas as escolas. Dá igual as idades. O mesmo dá se son de costa ou de interior. Con casco histórico ou con regatos.

O importante é que os nenos e nenas dos nosos coles descubran a súa contorna a través dos meus ollos.

Porque, se unha botella de plástico coma min pode ver o fermoso que é o voso mundo, que non poderedes facer vos!

Se o voso cole quere participar, indicade os datos do centro a Plástico no correo electrónico gabinete.cmatv@xunta.gal, e cóntovos como participar e como vai ser a dinámica nos vindeiros meses.

Apuntádevos, creemos xuntos A PRIMEIRA PELÍCULA EN STOP MOTION COLABORATIVA DE GALICIA! E axúdanos a dicir, entre todos e todas: BYE BYE PLÁSTICO.