Curso 1º trimestre con prazas vacantes
Xov, 30/09/2021 - 13:59
G2101056 Iniciación a ExeLearning
O curso ten unha duración de 20 horas e desenvolverase dende o 05/10/2021 ata o 08/11/2021.
Obxectivos
Propiciar a mellora da competencia profesional do profesorado no emprego das tecnoloxías da información e da comunicación.
Empregar as tecnoloxías da información e da comunicación como ferramentas didácticas.
Planificar e formular actividades didácticas cos recursos e ferramentas informáticas a disposición do profesorado.
Contidos
Que é eXeLearning?
Crear un paquete de contidos.
Publicar paquetes de contidos.