Publicación da resolución provisional do concurso de traslados entre profesorado de Relixión que presta servizos nos centros educativos dependentes desta consellería
O persoal concursante poderá presentar reclamación ás resolucións provisionais a través do órgano en que presentaron a súa instancia de participación no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da adxudicación de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Así mesmo, no mesmo prazo, o persoal participante poderá presentar renuncia a súa participación no concurso entendendo que tal renuncia afecta a todas as peticións consignadas na súa solicitude de participación.
Estas reclamacións ou renuncias presentaranse polos procedementos a que alude a base décimo primeira.
Polo tanto o prazo será desde o día 11 de xuño ata o 24 de xuño, ambos incluídos.
No caso de que non lle permita efectuar a renuncia na aplicación de CXT pode empregar o modelo adxunto que debera envialo despois por calquera rexistro: telemático ou presencial.
Orde do 25 de novembro de 2020 (DOG)
Anexo II - Publicación da adxudicación provisional de destinos, primaria e secundaria
Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos pola que se resolve o concurso de traslados
Anexo I: profesorado do nivel educativo de educación infantil e primaria
Anexo II: profesorado do nivel educativo de educación secundaria obrigatoria e bacharelato