Título node Learning object

Ferramentas pedagóxicas do Instituto Galego do Consumo e da Competencia
Ven, 12/03/2021 - 10:10
IGCC

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), a través da Escola Galega do Consumo, coordina as actividades de educación e formación no eido do consumo, coa finalidade de impulsar e desenvolver a educación e a formación das persoas consumidoras galegas, entre elas a xente máis nova.

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia pon a disposición de toda a comunidade educativa dúas ferramentas pedagóxicas: o cómic "DE COMPRAS POR INTERNET" e o conto "CONSUMIÑA E CONSUMIÑO: EN XOGUETES SEGUROS". Ambas poden descargarse na súa páxina web: https://consumo.xunta.gal/ en formato PDF.

O obxectivo do cómic "DE COMPRAS POR INTERNET" é que a xente nova aprenda lendo e desfrutando cales son os seus dereitos nas compras en liña, así como saber cando unha páxina web é segura para tal finalidade.

O obxectivo do conto "CONSUMIÑA E CONSUMIÑO: EN XOGUETES SEGUROS!" é que o alumnado máis pequeno aprendan lendo e xogando que xoguetes son seguros e que distintivos ou requisitos deben cumprir estes.

Para máis información as persoas interesadas poden poñerse en contacto no teléfono 881999091 e/ou no correo igc.escuela@xunta.gal