Título node Learning object

Asociación Arelas
Xov, 04/03/2021 - 11:08
Asociación Arelas

 A asociación ARELAS leva anos traballando con centros educativos de toda Galiza, tratando de achegar a todo o alumnado a diversidade de identidades, orientacións e familias, loitando por erradicar a LGTBIfobia. 
Buscando continuamente mellorar e ampliar as accións formativas presenciais que fan nas aulas co alumnado, elaboraron materiais educativos para uso de calquera persoa con ganas de visibilizar e formar sobre estas realidades desde unha mirada positiva e transformadora (docentes, alumnado, familias,..). 

Por iso presentan este material con motivo da celebración do 8 de marzo, día da muller, como unha ferramenta contra a discriminación e a invisibilidade das mulleres trans, para darlles o seu espazo na loita feminista contra as violencias e desigualdades machistas e para que supoñan un conxunto máis representativo da nosa sociedade. Tamén ten por obxectivo ofertar referentes positivos ás nenas e rapazas trans, sobre todo no ámbito educativo. 

Máis información 

http://asociacionarelas.org/gl/programas/material-8m/