Título node Learning object
Distintivo de calidade de centros docentes "Selo Vida Saudable"
Ven, 26/02/2021 - 10:58
Recoñecemento público dos centros docentes, tanto públicos como privados sostidos con fondos públicos e privados, que fomenten a aprendizaxe da saúde no ámbito educativo, así como a asunción de prácticas de vida saudable e unha educación física que permita o adecuado desenvolvemento persoal e social ao longo da escolarización do alumnado.
Poderá participar calquera centro docente, tanto público como privado sostidos con fondos públicos e privado, que asuma un compromiso firme e inequívoco co desenvolvemento e mellora da calidade educativa e da saúde.
Os requisitos serán:
- Todos os traballos que se presenten, irán acompañados da documentación que se indica no formulario de solicitude.
- As solicitudes deberán acompañarse do informe favorable da Consellería de Educación da correspondente Comunidade Autónoma na que se atope o centro ou das Direccións Provinciais do Ministerio de Educación e Formación Profesional no seu ámbito de xestión. Atención: Este informe debe ser solicitado á súa Consellería de Educación na forma que esta lle indique. Así mesmo, debe ser actual, isto é, emitido pola Consellería dentro do prazo de solicitude (1 xaneiro 2020 a 29 febreiro de 2020), non sendo válidos informes de anos anteriores.
- Deberá presentarse unha memoria técnica que describa o cumprimento dos requisitos previstos na orde.
Prazo de presentación de solicitudes:
- Desde o 01 de xaneiro de 2021
- Ata o 01 de marzo de 2021
Máis información