Título node Learning object
A Axencia Galega de Innovación (GAIN) a través do CIS Tecnoloxía e Deseño, organiza unha nova actividade no marco de D’tec, o programa para o fomento das vocacións científico-tecnolóxicas.
O proxecto escolar "Creación de mundos AR e VR" está dirixida a estudantes de Educación Primaria (5º-6º); a Realidade Aumentada e a Realidade virtual son dous dos campos de coñecemento actuais máis fascinantes. A través do presente proxecto, ofrécese a posibilidade de descubrir as bases das tecnoloxías de Realidade Aumentada (AR) e Virtual (VR) a través de propostas educativas innovadoras. O alumnado mergullarase no funcionamento destas tecnoloxías e aprenderá a desenvolver os seus propios contidos de Realidade Virtual e Aumentada.
Organizarase unha sesión inicial de presentación para as persoas participantes.
O profesorado tamén terá á súa disposición un servizo para a realización de consultas e asesoramento.
Data límite de inscrición: 24 de febreiro de 2021.
Inscripción a través da seguinte ligazón:
https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/proxecto-escolar-creacion-de-mundos...