Título node Learning object

Campaña LabelFrancEducation 2021
Ven, 12/02/2021 - 11:23
Campaña LabelFrancEducation 2021

O Ministerio de Asuntos Exteriores de Francia outorga o selo «LabelFrancEducation» aos centros educativos que ofrecen un ensino bilingüe en francés de alto nivel. Os institutos que teñen o selo «LabelFrancÉducation» forman unha rede mundial e teñen acceso a novos recursos educativos así como a unha oferta de ferramentas pedagóxicas adaptadas ás necesidades dos centros bilingües no estranxeiro.

Para o ano 2021 xa está aberta a campaña.Todas as solicitudes (primeira solicitude, renovación, extensión) deben presentarse na seguinte plataforma: https://candidatures.labelfranceducation.aefe.fr/login.jsp 

Calendario da campaña 2021:

- Data de apertura da campaña: 1 de febreiro de 2021. 

- Data de peche da campaña para os centros educativos: 15 de abril de 2021. 

- Data límite para a transmisión de notificacións diplomáticas á AEFE por parte da Embaixada: 15 de maio de 2021. 

- Data da primeira comisión consultiva interministerial: 22 de xuño de 2021. 

Máis información:

Na páxina web LabelFrancEducation, nas páxinas Noticias e Obtención do selo.