Título node Learning object

Fundación Eugenio Granell. Exposición MATRIA. Reina D’Hoore
Ven, 11/12/2020 - 11:48
Fundación Eugenio Granell. Exposición MATRIA. Reina D’Hoore

O 10 de decembro inaugurouse na Fundación Eugenio Granell a exposición MATRIA. Reina D’Hoore, que se mostrará, nas salas 4 e 5 da primeira planta, do 10 de decembro, 2020 ao 7 de marzo, 2021.

A exposición MATRIA de Reina D’Hoore é o resultado dun longo proceso de investigación que sae do seu traballo  “Et in Arcadia Ego” (2016-2020), un memento mori que nos lembra que no paraíso bucólico tamén está a morte. Partindo desa polaridade vida e morte, Reina D’HOORE investiga o seu propio paraíso, súas raíces maternas galegas e o seu patrimonio.

Reina D’HOORE, entre outras cousas,  recolle osos e refugallos da natureza  e engádelles valor como se facía antano nos enxovais funerarios. Aplícalles o ouro, tan importante nas nosas lendas, á vez que nos lembra como coidamos as nosas raíces, mostrándonos a nosa cegueira  ante a nosa ignorancia colectiva ante a natureza que nos rodea.  

Trátase tamén dunha reflexión sobre como a sociedade patriarcal e neoliberal abusa da natureza e dos máis vulnerables. A través da súa obra, reclama un cambio de paradigma que permita o regreso ás orixes da civilización, a retomar o vínculo coa natureza, co desexo, coas cores emotivas, cun discurso íntimo cos propios límites así como unha visión que transcenda fronteiras e aporte un compromiso e un discurso educativo, a veces rompedor... 

Todas estas propostas enriquécense con diferentes técnicas, como o frottage, o debuxo, a escultura  coa finalidade de ofrecer unha visión interdisciplinar dunha arte “rotatoria”.

A artista, Reina D’Hoore, ofrecerá  visitas guiadas, ás 17.00h, 17.30h, 18.00h, 18.30h, 19,00h y 19.30h, con aforo limitado seguindo o protocolo Covid-19.  Terase que facer reserva no e-mail secretaria@fundacion-granell.org ou teléfono 981 572 124.