Título node Learning object

Obradoiros “DIVULGAMENTE”
Ven, 04/12/2020 - 11:39
Obradoiros “DIVULGAMENTE”

Divulgamente é un proxecto de sensibilización interxeracional enmarcado no Programa “Rede Paraugas Alzhéimer” levado a cabo pola Fundación Barrié en colaboración coa Federación Alzhéimer Galicia desde o ano 2013. O seu obxectivo é amosar dunha maneira próxima e dinámica que son as demencias e como afectan ao cerebro, achegando aos máis novos á realidade desta doenza que afecta en Galicia a preto de 100.000 persoas.

Este ano, por motivo da crise sanitaria derivada do COVID-19, a maior parte realizarase de maneira telemática pero seguirá mantendo a mesma esencia: a de achegar as demencias á poboación máis nova e fomentar as relacións interxeracionais entre ambos colectivos.

A actividade está dirixida ao alumnado de Bacharelato e Ciclos Formativos da rama sociosanitaria, e este ano desenvolverase nas localidades da Coruña, Viveiro e Pontevedra. A charla “Coñecer mellor o Alzheimer” terá lugar en decembro (data a convir cos centros) e o resto de fases realizaranse no primeiro trimestre de 2021.

A inscrición pode realizarse a través de

 https://fundacionbarrie.org/formulario-inscripcion-divulgamente-2020-21 

ata o 4 de decembro de 2020.