Título node Learning object
Con motivo do Día Internacional da Violencia de Xénero, que se conmemora cada 25 de novembro, a Secretaría Xeral da Igualdade, a Secretaría Xeral de Educación e mais o Centro de Supercomputación de Galicia convídanvos a asistir a un encontro virtual co alumnado de distintos centros educativos galegos.
Este acto institucional terá lugar por streaming, a través da web do CESGA. O seu obxectivo é conectar o maior número de centros educativos galegos ese día contra a violencia de xénero.
No acto vanse visionar 5 vídeos que resultaron gañadores nos concursos convocados conxuntamente entre ambos departamentos nos anos 2018 e 2019. Tras cada visionado intervirá o alumnado e profesorado de cada centro, que nos comentará a súa experiencia e motivación en relación ao traballo realizado.
Para rematar, faranse públicos os centros e alumnado gañadores do concurso de lemas contra a violencia de xénero, convocado tamén conxuntamente, neste ano 2020.
Data: martes 24 de novembro de 2020
Horario: 10:00
Lugar: https://e-learning.cesga.es/NONAVX
Acceso ao evento: entrada libre para todos os centros educativos de Galicia