Título node Learning object
O Colexio Oficial de Enxeñeiros Aeronáuticos de España a través do Comité de "Women in Aeronautical Engineering e promoción de carreiras STEM" propón a realización de pequenos proxectos a modo de concurso para promocionar a enxeñería aeronáutica nos nenos e nenas.
Os concursos convocados pretenden, desde un enfoque divertido e creativo, facer que os nenos e nenas coñezan a enxeñería aeronáutica. Expóñense tres exercicios e concursos:
. Avións de papel.
. Deseña a túa nave espacial "verde".
. Crea o teu propio aeroporto.
Nos concursos poderán participar o alumnado de 5 a 12 anos de idade. En cada concurso haberá seis gañadores, 1º, 2º e 3º en dúas franxas de idade: de 5 a 8 anos e de 9 a 12 anos.
A data límite para presentar os proxectos de cada concurso é o día 16 de decembro de 2020.
As consultas sobre os diferentes concursos e a entrega dos proxectos deberán realizarse a través do seguinte correo electrónico: info@coiae.es
Máis información: