Título node Learning object
O Concurso ONCE é un programa de sensibilización educativa dirixido a nenos e adolescentes de Primaria, Secundaria, Bacharelato e F.P básica, media e superior.
A 37 edición do Concurso Escolar do Grupo Social ONCE, axuda a fomentar valores como a solidariedade e o pensamento crítico, o papel activo do alumnado e o traballo colaborativo, para conseguir igualdade de oportunidades para todas as persoas.
Tras o confinamento, o mundo dixital, as novas tecnoloxías e internet, reveláronse como ferramentas valiosísimas e extraordinarias para achegar a familiares e amigos, continuar estudando e traballando, encher o lecer e manter a economía. Nesta edición do concurso queremos transmitir a mensaxe de que a tecnoloxía é nosa aliada sempre que fagamos un uso responsable da mesma e non un abuso que pode conlevar riscos e consecuencias non desexadas.
Por este motivo, o reto nesta edición consiste en crear unha campaña publicitaria de sensibilización co lema: "ConexiIÓN / AdicciOFF. Isto non é un xogo". Confiamos no talento e no potencial que cada día descubrimos nas aulas para transmitir unha mensaxe capaz de inspirar a toda a sociedade.
O programa ofrece material educativo gratuíto desenvolto por especialistas en base ao currículo, atención pedagóxica, así como un dossier informativo avalado por expertos sobre o tema e recursos complementarios como:
1. Sesións online con expertos e contidos exclusivos.
2. Material técnico sobre o modo de realizar unha campaña publicitaria nos seus diferentes soportes (cuña de radio, cartel e anuncio).
3. Xogos Kahoot, para que, a través da gamificación, o voso alumnado poida interiorizar os conceptos clave desta edición.
4. Peza audiovisual, para que o alumnado poida comprender a importancia do tema desta edición a través da serie de Youtube "On Fologüers"[1]*
5. Soporte pedagóxico continuado e individualizado a través do correo e redes sociais.
6. RRSS: para compartir a vosa experiencia ao longo do concurso.
Para máis información