Título node Learning object
Concurso de debuxo da Liga Reumatolóxica Galega
Ven, 16/10/2020 - 10:59
Coincidindo coa celebración en outubro do mes das enfermidades reumáticas, a Liga Reumatolóxica Galega (LRG) organizou un concurso de debuxo para visibilizar as Enfermidades Reumáticas e Músculo Esqueléticas (ERyMES), que inclúen máis de 200 patoloxías e que en Galicia afecta a preto do 25% da poboación. Pretenden non só visibilizar, senón coñecer a imaxe que se ten destas patoloxías na sociedade.
De todos os debuxos recibidos farase unha primeira criba dos vinte mellores e posteriormente seleccionaranse os doce finalistas, cos que se elaborará un calendario de 2021.
A entrega dos premios do concurso de debuxo, que terá lugar durante a celebración da xornada para pacientes, será presencial e acudirán destacados representantes do goberno autonómico e central, respectando sempre todas as medidas de seguridade que a actual situación sanitaria require
O prazo para participar finaliza o 30 de outubro.
A partir de 4 anos.
Máis información:
https://liga-reumatoloxica-galega.webnode.es/_files/200000601-52ebf52ec4... debuxo outubro.jpg