Título node Learning object
Desde UNICEF Galicia, lanzouse "Contaxio", un conto didáctico e emocional en galego dirixido á infancia e a adolescencia de Galicia, pero tamén á poboación adulta.
Esta iniciativa xorde en colaboración coa actriz e presentadora Lucía Regueiro, amiga de UNICEF Comité Galicia e como resultado temos "Contaxio" , un conto colaborativo creado por María Solar, Ledicia Costas e Fran Alonso, con ilustración de Leandro Lamas e edición de Lucía Rodríguez.
A historia é unha viaxe polo dicionario no que descubrimos como sente a palabra "contaxio" e no que imos coñecendo a súa relación con outras palabras como "medo", "inxustiza" ou "pobreza2, pero tamén as oportunidades que lle brindarán "vacina", "medicina" ou "investigación".
Un amplo elenco de actrices e actores de Galicia quixeron participar nesta iniciativa poñendo a súa voz: Xúlio Abonjo, Miguel Canalejo, Monti Castiñeiras, Isabel Naveira, Federico Pérez, Lucía Regueiro, Beatriz Serén e María Vázquez.
Máis información