Actualización de ferramentas tecnolóxicas para docentes
Oferta de formación básica inicial para a docencia online.
Mér, 06/05/2020 - 21:31
A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, para paliar os danos que a situación socio-sanitaria relacionada co COVID-19 está a provocar nos centros educativos, oferta actividades formativas dirixidas aos/ás docentes que precisen unha formación inicial básica para o manexo de ferramentas para docencia a distancia.
Características da actividade:
Formación non presencial, de 10 horas de duración.
Contidos básicos: emprego da aula virtual e ferramentas de videoconferencia.
Destinatarios: Todas as ensinanzas
Para máis información poñerse en contacto co CFR da Coruña por medio do correo electrónico cfr.coruna@edu.xunta.gal ou chamando ao teléfono 981.274.221