Título node Learning object

Escolas Galegas con Selo de centro eTwinning 2020
Lun, 30/03/2020 - 10:49
Escolas Galegas con Selo de centro eTwinning 2020

Vén de publicarse a lista de escolas europeas acreditadas co selo de centro eTwinning no 2020 na terceira edición desta iniciativa.

Nesta ocasión 2139 escolas europeas obtiveron a distinción, entre elas, tres galegas, que renovan o selo obtido na edición 2018-2019:

  • Colegio Internacional SEK-Atlántico, Poio
  • IES San Clemente, Santiago de Compostela
  • IES de Poio, Poio

O selo de centro eTwinning recoñece o traballo realizado con eTwinning no ámbito do centro educativo por equipos docentes e persoal de dirección.

Xunto cos premiados na edición 2019-2020, en total son 6 os centros galegos con eTwinning School Label vixente:

  • CEIP Plurilingüe Vista Alegre, de Burela.
  • Colexio Losada, de Vigo.
  • IES de Beade, de Vigo.

Tan só teñen o selo o 1,5 % dos centros educativos europeos rexistrados en eTwinning.

Máis información:

http://etwinning.es/es/centros-etwinning-2020-2021/