Título node Learning object

Masterclass "Day of Women and Girls in Science"
Ven, 10/01/2020 - 10:30
Masterclass "Day of Women and Girls in Science"

Nos últimos anos a comunidade internacional está levando a cabo esforzos dirixidos a promover a participación de mulleres e de nenas no ámbito científico. Sen embargo, un estudo levado a cabo en 14 países revela que a probabilidade de que estudantes femeninos obteñan unha carreira científica son de 18 % no grao, frente o 37 % masculino. Esta porcentaxe de alumnas cae ata un 8 % e un 2 % se falamos dun Máster ou un doutorado, frente os respectivos porcentaxes do 18 % e 6 % do alumnado masculino.

Desde o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) creen que é esencial promover o acceso e participación plena e equitativa de todas as persoas na ciencia.

Nesta xornada ou “Masterclass” levaranse a cabo actividades relacionadas coa Física de Partículas, nunha actividade que nace como froito da colaboración do IGFAE co “Grupo Internacional de Divulgación de Física” (promotores da mesma) e o CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear).

Esta xornada pretende poñer de manifesto o feito de que moitas mulleres pertencentes a diferentes culturas, países, clases, etnias e condicións fixeron grandes aportacións á ciencia desde os espazos que conseguiron ocupar. Polo que haberá unha pequena charla-coloquio de historias invisibilizadas de mulleres científicas, que supoñen un exemplo de inspiración e superación das diferentes barreiras que estas tiveron (e teñen) que facer frente ó longo da carreira científica.

Para participar nesta experiencia deben enviar o formulario de inscrición electrónico que se atopa nesta ligazón https://igfae.usc.es/masterclass_women_in_science/, cos datos requiridos, antes do venres 17 de xaneiro de 2020.

As solicitudes serán atendidas por orde de chegada.

Aqueles centros cuxas solicitudes que non poidan ser atendidas nesta ocasión, terán prioridade para enviar alumnas na vindeira edición.