Título node Learning object
EUSTORY convoca un concurso de historia a nivel europeo para estudantes de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato, FP e ESA. Actualmente está aberta a décimo terceira convocatoria do concurso co tema a "Transición política". O alumnado debe presentar un traballo de investigación individual ou en grupo sobre o tema exposto.
Para os estudantes ofrécese un primeiro premio de 2500€ , catro segundos de 1000€ , cinco terceiros de 500€ e 10 accésit de 200€ ; así como a posibilidade de participar nun campus dunha semana en Europa. Os titores tamén reciben un premio en metálico: 1250€ primeiro premio, 500€ segundo premio, 250€ terceiro premio e 100€ accésit.
Data límite de entrega de traballos: 17 de agosto de 2020 ás 23h59.
Máis información:
http://eustory.es/?utm_campaign=13-colegios-espana-3-diciembre-envio-2&u...