Título node Learning object

Portal Intercambia
Mar, 05/11/2019 - 11:54
logo

O Ministerio de Educación e Formación Profesional acaba de presentar a nova páxina de Intercambia, un portal a través do cal se canalizan as accións relacionadas cos obxectivos coeducativos que desenvolve o Ministerio e mais as distintas comunidades autónomas.

Aquí pódese consultar o espazo destinado á difusión das actividades relacionadas coas mulleres no ámbito STEAM, as publicacións da Colección Mujeres en la Educación, os recursos coeducativos do Ministerio e das CC.AA., a normativa en materia de igualdade e os datos de maior relevancia para valorar o estado da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

O Portal presentouse durante o encontro anual de Intercambia, no que participou a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, que tivo lugar en Madrid os días 30 e 31 de outubro.