Título node Learning object

Igualdade de xénero e educación afectivo-sexual
Mér, 28/08/2019 - 12:31
imaxe

Na literatura coeducativa é un lugar común salientar os beneficios da educación afectivo-sexual para a consecución da igualdade entre homes e mulleres. A educación afectivo-sexual preséntasenos como un factor protector fronte ás relacións desiguais, tóxicas e violentas e fronte ás condutas que atentan contra a liberdade sexual das persoas, de aí a importancia de poñer o foco no seu tratamento nas distintas etapas educativas.

Na actualidade concíbese a educación afectivo-sexual nun sentido integral (EIS: educación integral en sexualidade; ESI: educación sexual integral) co fin de implicar os seus aspectos biolóxicos, psicolóxicos, afectivos, sociais, culturais, éticos e xurídicos. Este enfoque, promovido pola ONU, contribúe a comprensión da sexualidade en toda a súa complexidade co fin de que o alumnado goce dunha sexualidade positiva e dunha boa saúde sexual e reprodutiva.

Recollemos nesta nova algúns recursos para fundamentar o traballo neste eido: