Título node Learning object
Guía de orientación académica para persoas con síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual
Mér, 05/06/2019 - 15:00
A Federación Galega de Institucións para a síndrome de Down ("Down Galicia") elaborou unha Guía de Orientación Académica e Profesional para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual, que ten un carácter anual.
Este recurso ten como misión facilitar, na medida do posible, os medios para que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais afronten axeitadamente a tarefa de descubrir e elixir os mellores camiños e alternativas para eles respecto ao seu futuro académico e profesional.