Título node Learning object

Es responsable
Mar, 04/06/2019 - 08:57
Es responsable

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación está a desenvolver un Plan de actuacións para a tenencia responsable de animais de compañía a través da concienciación da cidadanía.

Coa ratificación do Convenio Europeo sobre Protección de animais de compañía, España adquire uns compromisos no ámbito da tenencia responsable, para garantir o benestar destes animais e establecer actitudes e prácticas comúns básicas que determinen unha conduta responsable por parte das persoas propietarias.

Dita campaña dispón dunha páxina web (http://eresresponsable.es/)  na que se pode atopar maior información, destacando unha guía e materiais específicos para colexios que poden descargarse libremente a través da seguinte ligazón (http://eresresponsable.es/material-para-colexios/) e que serven de apoio para a realización dunha xornada educativa destinada ao alumnado que cursa 5º e 6º de Educación Primaria.