S1801079 - Robótica e programación nas aulas de secundaria

Actividade de formación: S1801079 - Robótica e programación nas aulas de secundaria
Xov, 10/01/2019 - 10:35
Robótica en secundaria
Robótica en secundaria

Neste segundo trimestre desenvolveremos no CAFI o curso  Robótica e programación nas aulas de secundaria para o profesorado de educación secundaria, de bacharelato e de persoas adultas.

Referencia en fprofe: S1801079

Data límite de inscrición: 30 de xaneiro de 2019

Lugar de celebración: CAFI - Santiago de Compostela

Localización do CAFI: Ligazón

Prazas:  25

Duración: 15 horas presenciais e 5 horas non presenciais

Ligazón a fprofe: Ligazón

 

Obxectivos

1. Aprender a programar a través de Mblock.

2. Empregar a metodoloxía de aprendizaxe por proxectos co kit de robótica educativa.

3. Explorar as posibilidades de innovación educativa no ámbito STEM.

Contidos

1. Programación co software mBlock.

1.1.Diferentes sensores.

1.2. Motores.

2. Elaboración de proxectos dende varias materias e contidos co mBot Ranger.

3. Posta en práctica dos proxectos realizados así como a súa avaliación dentro da programación de aula.