Título node Learning object

VI Concurso de curtametraxes relacionado coa doazón e os transplantes
Mér, 12/12/2018 - 13:23
 VI Concurso de curtametraxes relacionado coa doazón e os transplantes
A Consellería de Sanidade, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) en colaboración coa Consellería de  Educación, Universidade e Formación profesional, convocan un concurso de curtametraxes cuxo tema é a doazón e os transplantes. A finalidade do certame é achegar esta realidade á poboación escolar, de modo que o alumnado poida valorar os beneficios  do fomento da doazón de órganos e tecidos.
Os requisitos das curtametraxes presentadas poden consultarse nas bases do concurso.
Destinatario: alumnado de bacharelato e ciclos formativos de grao medio.
Prazo de presentación: 28 de abril de 2019.
 
 
 
 
Premios e dotación

1º premio:

  • Para o centro: vale por valor de 1.000 euros para a adquisición de material escolar.
  • Para o alumnado: vale por valor de 1.000 euros, que se dividirá entre o número de participantes. Para o profesor que tutela o traballo presentado, unha tableta.

2º premio:

  • Para o centro: vale por valor de 750 euros para a adquisición de material escolar.
  • Para o alumnado: vale por valor de 750 euros que se dividirá entre o número de participantes. Para o profesor que tutela o traballo presentado, unha tableta.

Menús Learning object node R

Tema

Sección