Título node Learning object
A presente guía propón unha serie de recursos innovadores aplicables para os cursos de 3º e 4º de ESO nas materias de Bioloxía e Xeoloxía e Xeografía e Historia.
Esta guía do profesor propón metodoloxías novas, aplicando a estratexia que cada autor considerou conveniente en tres contornas diferentes, pero co estilo particular de cada docente.
Os autores: José Viñas, Xacobo de Toro e David Eiroa
Edita: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Depósito legal: C 1969-2018
Para a elaboración da mesma, contouse coa colaboración da Asociación Isabel Zendal que achegou fondos documentais, experiencia e exemplo de tesón para dar a coñecer a aventura da Real Expedición Filantrópica da Vacina e dos seus protagonistas galegos.