S1802003 Xornadas de transporte e mantemento de vehículos. Curso 2018-2019
Data de comezo: 11 de setembro
Data de remate: 12 de setembro
Lugar de realización: CIFP Politécnico (Santiago de Compostela)
Horas totais: 16 horas
Ligazón a fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=87000
Ligazón á aula virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual2/course/view.php?id=272
Organización das Xornadas
Como en anteriores edicións, celebraranse 3 obradoiros teórico-prácticos en paralelo que se repetirán os días 11 e 12. Cada asistente poderá participar en dous destes obradoiros.
O día 11 de setembro de 9:30 a 10:00 terá lugar a presentación das Xornadas no salón de actos do CIFP Politécnico.
Data |
Relator/a |
Título charla |
Contidos do relatorio |
11/09/18 09:30-10:00 |
José Manuel Grille Coordinador das xornadas |
Presentación das Xornadas |
|
11/09/18-12/09/18 09:30-13:30 15:30-19:30 |
Jesús Briceño MoviEcogas |
Vehículos a gas (GNC, GLP) |
|
11/09/18-12/09/18 09:30-13:30 15:30-19:30 |
Alejandro Jiménez de Lanuza Hella SA |
Sistemas ADAS (Sistemas Avanzados de Asistencia á Condución) |
|
11/09/18-12/09/18 09:30-13:30 15:30-19:30 |
Carlos Polonio Nieto Cars Marobe, SL |
Vehículos eléctricos |
|
Preinscrición nos Obradoiros
Como cada obradoiro contará cun máximo de 20 prazas é preciso facer unha distribución dos asistentes entre os diferentes obradoiros segundo as súas preferencias. Para facelo, ao longo da presentación das Xornadas porase a disposición dos participantes unhas follas de inscrición, nas que os asistentes poderán elixir os dous obradoiros da súa preferencia.
Xantar
Para esta actividade está contemplado o xantar dos participantes nun establecemento próximo ao lugar de celebración.