Título node Learning object

Programación educativa para o curso 2017/2018 na Fundación Pública Galega Camilo José Cela
Ven, 16/03/2018 - 10:39
Programación educativa para o curso 2017/2018 na Fundación Pública Galega Camilo José Cela

No ano 2018 o Museo Camilo José Cela inaugurou un novo percorrido museográfico, cronolóxico e moito máis visual, que nos permite coñecer dende múltiples perspectivas a vida e a obra do premio Nobel galego.

Acompañando a visita ao Museo, a Fundación mantén a súa programación educativa habitual: maletas didácticas, obradoiros para escolares e docentes, visitas dinamizadas, múltiples recursos a través da rede e un longo etc.; actuacións todas elas co obxectivo de dar a coñecer dunha maneira lúdica a Camilo José Cela e o legado que deixou na súa aldea natal de Iria Flavia.

Vai dirixido as etapas desde Infantil ata Bacharelato.

No mes de maio hai unha semana de festa no Museo Camilo José Cela coa celebración do “Letreseo, a Semana das Letras no Museo”, unha semana chea de actividades para todos os públicos.

Todas estas actividades son gratuítas, con reserva previa en calquera dos puntos de contacto da Fundación.

Para máis información:

https://fundacioncelagz.wordpress.com/