Visita do Consejero de Educación y Cultura do Gobierno del Principado de Asturias
O Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) recibiu no día de hoxe a visita do Consejero de Educación y Cultura do Gobierno del Principado de Asturias, Genaro Alonso Megido. Estivo acompañado polas autoridades da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
Durante o percorrido polas dependencias, foi informado sobre as estruturas da Formación do Profesorado da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e sobre as liñas estratéxicas para o desenvolvemento da competencia dixital dos docentes e do alumnado galego.
D. Genaro Alonso coñeceu o programa de dixitalización das aulas, o proxecto E-Dixgal; puido comprobar o equipamento co que contan os centros galegos (equipos ultraportátiles, robótica, impresoras 3D) e viu mostras do traballo realizado por docentes que gozaron de licenzas por formación para crearen materiais didácticos.
O Consejero de Educación tamén coñeceu as diferentes funcións dos asesores da Rede de Formación: atención a centros e equipos directivos, formación na Rede, organización de actividades presenciais...