Consellos de seguridade sobre o correo @edu.xunta.es

Ven, 12/01/2018 - 21:43

No uso dos sistemas de información corporativos de Educación, é importante coñecer que o usuario/contrasinal empregado no acceso ao correo @edu, xade, datospersoais.... é o mesmo en todos os sistemas, polo que hai que ser especialmente coidadoso para evitar un posible problema de seguridade coa conta de usuario de Educación.

Por iso é moi importante que se garden todas as medidas posibles de prevención no uso ordinario dos sistemas de Educación.

Pode consultar os consellos na sección de "Consellos de seguridade"