S1703003 A educación a debate
O vindeiro luns 11 de decembro, das 18:00 a 20:00 horas, no Auditorio Xosé Neira Vilas na Biblioteca Auditorio da Cidade da Cultura, terá lugar a primeira sesión da actividade S1703003 A educación a debate, que se desenvolverá ao longo de todo o curso tratando temáticas de interese para toda a comunidade educativa.
Esta é unha actividade na que se pretende que, conxuntamente, familias e profesorado reflexionemos sobre diversos temas de interese común.
Nesta primeira sesión abordaremos o tema dos deberes esolares.
En formato de mesa redonda, debaterán sobre este tema, xunto co público presente:
- Natalia Suárez Fernández e Isabel Piñeiro Aguín, profesoras de Psicoloxía Evolutiva e da Educación na Universidade da Coruña que presentarán o Informe sobre os deberes escolares (premendo aquí podes descargar o informe) elaborado por esta institución;
- Fernando Laccaci en representación da Confederación de Anpas Galegas;
- Francisco Sánchez Ávila, director do CEIP Camiño Inglés (Oroso)
- Víctor M. Santidrián Arias, director do IES de Milladoiro (Ames).
Quedades todos convidados.