S1702004 Xornadas de actualización laboral 2017-2018
Do mesmo xeito que en anos anteriores, volverase desenvolver a actividade Xornadas de Actualización Laboral 2017-2018, curso programado para profesorado das familias de Formación e Orientación Laboral e Administración e Xestión.
Obxectivos:
1.Analizar as novidades da normativa laboral e da Seguridade Social para o ano 2018.
2.Confeccionar a documentación utilizable.
3.Realizar supostos prácticos de aplicación.
Contidos:
1.Análise das novidades na normativa laboral para o ano 2018.
2.Análise das novidades na normativa da Seguridade Social para o ano 2018.
Neste curso farase unha análise das novidades na normativa laboral e de Seguridade Social para o ano 2018.
Esta actividade desenvolverase os días 19, 26 e 28 de febreiro en horario de 17:00 a 20:00 (os dous primeiros días), e de 16:30 a 20:30 (o último día).
A actividade celebrarase nas instalacións do CAFI.
As relatoras serán Mª Carmen Sueiro Rial e Alicia Villalba Sánchez.
Enlace Fprofe: preme aquí