Recursos na Rede para a competencia oral en inglés

Actividade formativa do plan anual 2017-18
Ven, 03/11/2017 - 11:35
Competencia oral en inglés
Competencia oral en inglés

G1701065 - Recursos na Rede para a competencia oral en inglés

Forma de participación: Na Rede

Datas: 22 de xaneiro a 9 de marzo de 2018

Competencias profesionais docentes:

Comunicador/a en linguas maternas e estranxeiras - Destrezas comunicativas verbais e non verbal: técnicas e estratexias para o desenvolvemento e mantemento.

Interlocutor/a e referente (forma de ser e relacionarse cos demais) - Habilidades persoais, sociais e relacionais. Estratexias de mellora.

Referencia: G1701065
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  2º trimestre, curso académico 2017/2018
Data límite de inscrición: 15/12/2017
Lugar: Na Rede
Prazas:  50

Horas totais:

Horas presenciais: 0
Horas non presenciais: 30

Destinatarios: Todas as ensinanzas

Criterios de selección: Os criterios xerais do plan anual de formación

Obxectivos:

1.Familiarizarse cos trazos da linguaxe oral e as estratexias principais para manter a fluidez da comunicación.

2.Coñecer e poñer en práctica fórmulas e estratexias típicas da comunicación oral.

3.Coñecer e practicar a linguaxe e as funcións de uso cotián durante a interacción e o manexo da aula.

Contidos:

1.Revisión e análise dos trazos e estratexias básicas do discurso oral: fórmulas, frases feitas, parafrasear, definir, repetir, aclarar dúbidas, buscar alternativas, etc.

2.Análise de fragmentos do discurso oral en distintos contextos e con distintas funcións para identificar as estratexias da linguaxe oral que empregan os falantes nativos e a súa posterior posta en práctica en distintas simulacións.

3.Recompilación e posterior uso da linguaxe oral empregada na aula para distintas tarefas, destrezas e agrupamentos.

 

ASESORA RESPONSABLE DA ACTIVIDADE: Diana Pastoriza Espasandín

Enderezo electrónico: dianapastoriza@edu.xunta.es