Actualización do repositorio de contidos de espazoAbalar con 50 novos recursos educativos dixitais

Ven, 03/11/2017 - 11:09
Actualización do repositorio de contidos de espazoAbalar
Actualización do repositorio de contidos de espazoAbalar

O repositorio de espazoAbalar ampliou novamente a súa oferta, nesta ocasión con 50 novos contidos educativos en formato dixital. Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 3.083 recursos, dispoñibles en varios idiomas, para os seguintes niveis educativos: educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.