Resolución do 22 de setembro de 2017 pola que se establece con carácter experimental o programa de innovación educativa "OBSERVA_ACCIÓN" durante o curso escolar 2017/2018

Ven, 22/09/2017 - 11:29
Resolución do 22 de setembro de 2017 pola que se establece con carácter experimental o programa de innovación educativa "OBSERVA_ACCIÓN" durante o curso escolar 2017/2018

O programa de innovación educativa "OBSERVA_ACCIÓN: Innovación docente desde a observación, a avaliación e o intercambio entre iguais" desenvolverase ao longo de 2 cursos coa finalidade de fomentar o desenvolvemento profesional en base ao Marco de Competencias Profesionais Docentes tanto na nosa comunidade como no marco do acordo interterritorial de colaboración coa comunidade de Castela e León.

  • Prazo de solicitude: 10 días hábiles desde o día seguinte á publicación da resolución.

Para máis información pode dirixirse ao Centro Autonómico de Formación e Innovación: Teléfono 981522411 ou no correo electrónico cafi@edu.xunta.es